O GDR 4 – ADR Comarca de Lugo foi seleccionado para levar a cabo outro novo proxecto Erasmus + denominado “Land of Oportunities”, na convocatoria estatal do programa KA220, no que se presentaron 247 solicitudes das que tan só foron seleccionados 16 proxectos.
Os obxectivos que persigue este proxecto son:
Fomentar o desenrolo rural sostible mediante a formación de persoas en habilidades dixitais e empresariais
Reducir o despoboamento das zonas rurais
Fomentar a igualdade de oportunidades
Promover a integración das TICs no mundo rural
Proporcionar asesoramento e capacitación técnica
Os socios da ADR Comarca de Lugo deste proxecto son Union Of Bulgarian Black Sea Local Authorities (Bulgaria), Educational Association,z.s (República Checa), Bia Innovator Campus CLG (Irlanda), Instituto Pedro Nunes Associacao Para A Inovação E Desenvolvimento Em Ciencia E Tecnologia (Portugal) e Asociación Cultural Ingalicia (España).
Este grupo de traballo propón realizar actividades que, a través de metodoloxías innovadoras como Design Thinking e Social Hackathon, leven á organización de espazos de co-creación, seguidos de itinerarios formativos dirixidos ao público obxectivo deste proxecto. Finalmente, crearán unha webapp que será un market place onde emprendedores e residentes nas zonas rurais atoparán aspirantes emprendedores e residentes para publicar as súas ofertas/demandas.
Este é o segundo proxecto Erasmus + que coordina a ADR Comarca de Lugo xa que actualmente tamén se está levando a cabo o proxecto “Rural Plus” que ten como obxectivo crear itinerarios de formación innovadores, baseados en experiencias de éxito, así como o desenrolo de metodoloxías que fomenten a participación, para que a xente nova poda desenrolar habilidades e destrezas acordes aos tempos, tendo acceso a unha serie de oportunidades como o sector TIC, que lles permitirá incrementar as súas oportunidades laborais así como por en marcha o seu propio negocio rural. Os socios da ADR Comarca de Lugo para este proxecto en cuestión son Nouseva Rannikkoseutu (Finlandia), IPN INCUBADORA – Associacao para o Desenvolvimento de Actividades de Incubação de Ideias e Empresas (Portugal), University of Cyprus (Chipre), Associazione Culturale Enjoy Sicily (Italia) e Asociación Cultural Ingalicia (España).