A D.O. Valdeorras participa no evento Verema Global Wine

Publicidade
A D.O. Valdeorras participa no evento Verema Global Wine

O Green Park de Madrid, un espazo para eventos emprazado na rúa de Salamanca, en pleno distrito financeiro de capital de España, acolle hoxe e mañá o Verema Global Wine.

Trátase dun evento que propón dous días de actividade intensa arredor do viño e no que participa o Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Adegas, distribuidores, enólogos, elaboradores, sumilleres e profesionais do sector daranse cita neste foro no que se expoñen viños procedentes de diferentes denominacións de orixe españolas e no que se divulga, ademais, a cultura do viño a través de ponencias específicas a cargo de especialistas de Master of Wine.

O evento celébrase no marco dun estrito protocolo de seguridade para adaptarse ás circunstancias sociosanitarias actuais.

Máis de 74.000 usuarios rexistrados

“A través desta iniciativa, apostamos por afianzar a nosa presenza no mercado madrileño, nun ano no que ten sido moi difícil realizar promoción por mor da pandemia. Facémolo da man de Verema, entidade que aglutina unha das comunidades de aficionados ao viño e á gastronomía mais representativas do mundo de fala hispana, con máis de 74.000 usuarios rexistrados”,destaca o presidente do Consello Regulador da DO. Valdeorras, José Luis García Pando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información