Cursos de viticultura, enoloxía e fruticultura na Fundación Juana de Vega

Publicidade
Publicidade
Cursos de viticultura, enoloxía e fruticultura na Fundación Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) organiza os cursos de formación en “Viticultura e enoloxía, básico e avanzado, para a obtención dunha uva de calidade e para a súa posterior transformación, e de “Bases técnicas para o desenvolvemento da fruticultura en Galicia”.

Viticultura e enoloxía

O curso sobre viticultura e enoloxía, que contará con modalidade básica e avanzada, terá compoñente teórica en aula e prácticas en leira. Un dos obxectivos a conseguir no curso básico é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación, mantemento de de viñedo e procesos de elaboración, principalmente adaptado á comarca que abarca os viños da Terra de Betanzos. Para a execución práctica de todas estas operacións o CFEA de Guísamo dispón dunha leira experimental para a realización das mesmas.

O proceso de elaboración executarase de xeito coordinada coas actividades a realizar na bodega. Durante o curso terán lugar diferentes demostracións: de poda, sistemas de instalación, de laboreo, elaboración de viños e cata así como prácticas de poda, de enxerto, de atado, de instalación, de laboratorio ou de bodega e de cata. Para rematar o curso, realizarase unha visita a unha leira e bodega dunha comarca vitivinícola galega. A duración do curso é de 100 horas e desenvolverase entre os meses de febreiro e decembro, en varias tardes ao mes, no CFEA de Guísamo.

O obxectivo principal da modalidade de viticultura e enoloxía avanzada, que constará de 60 horas, é permitir ó alumnado a realización total das actividades necesarias, tanto en campo como en adega, para a obtención dunha uva de calidade e a súa posterior transformación de forma autónoma mediante a supervisión e control dun titor. Este modelo obriga ó alumno a participar activamente para lograr o obxectivo reseñado, ó mesmo tempo que pon en práctica os coñecementos que adquiriu no curso de iniciación á viticultura e enoloxía.

O curso avanzado está dirixido a expertos con formación específica en ditas materias, coma o segundo Curso do Ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural ou titulados no mesmo, ou técnicos superiores da rama agraria, técnicos en Aceite de Oliva e Viños ou titulados universitarios da rama agraria, así como os alumnos dos cursos de nivel básico realizados en edicións anteriores.

Consulta aqui o programa completo

Curso “Bases técnicas para o desenvolvemento da fruticultura en Galicia”

O obxectivo do curso é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de fincas frutícolas, principalmente adaptado mazá, kiwi e froitos do bosque. Ao mesmo tempo implantaranse novos cultivos na finca dende a fase inicial de preparación e acondicionamento dos terreos.

Tamén realizaranse visitas a diferentes explotacións frutícolas galegas e diversas demostracións de implantación, poda, entitorado, ou laboreo entre outros. O curso desenvolverase en diferentes espazos dependendo da práctica de cada día, unha finca experimental con diversos cultivos frutícolas e terreno para novas implantacións, con maquinaria para a execución de prácticas ( tractores, apiladores, aburatadores…), no viveiro e medios materias para producción de planta, na adega e a cociña para a elaboración de sidra e zumes ou en cámaras de conservación e almacenaxe de productos.

Consulta aquí o programa completo

Matrícula

O prazo de inscripción continua aberto e todos os interesados poden inscribirse na web www.juanadevega.org ata este venres, 7 de febreiro. A presentación dos seminarios terá lugar o vindeiro luns, 10 de febreiro, ás 16.00 horas, na sede da Fundación Juana de Vega, e contará coa presenza do director da Fundación Juana de Vega, o director do CFEA e os coordinadores técnicos dos cursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información