Este martes, 5 de decembro finaliza o prazo para inscribirse na edición 2024 do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega.
O programa ofrece asesoramento e formación gratuíta por parte de expertos tarnto a emprendedores como a empresas xa creadas dos sectores agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro, bioeconomía e proxectos de base tecnolóxica relacionados cos anteriores que se desenvolvan en Galicia.
En concreto, o programa ofrece dúas modalidades de aapoio:
· Emprendemento: Colaboran no desenvolvemento de novas ideas, converténdoas en proxectos innovadores e competitivos. Tamén para sucesións ou recuperación de negocios familiares.
· Crecemento e Consolidación: axuda a autónomos, pemes e micropemes a mellorar o funcionamento de empresas existentes a través da titorización na toma de decisións para reorganización estratéxica, investigacións de mercado, plans de financiamento, comerciais ou de márketing, etc.