A Área de Servizos Agrarios de Lugo, dependente da Xefatura Territorial da Conselleria de Medio Rural, vai impartir dous cursos sobre Caderno Dixital e Lexislación conexa, que afecta a curto prazo ás explotacións agrarias.
O curso intentará dar unha visión da normativa que entra en vigor a comezos do ano 2024, no referido ao Real Decreto de Nutrición Sostible dos solos agrarios, modificación do Real Decreto de uso sostible de produtos fitosanitarios, a normativa de Ordenación de explotacións -que afecta á xestión de estercos-, Real Decreto Siex e o programa Xeaga de caderno dixital, tendo en conta o feito de que parte da normativa está en formato borrador, pendente de publicación oficial antes de finais de ano.
Recoméndase aos asistentes traer un PC portátil, con conexión a internet, para facer algunha práctica coa aplicación Xeaga, sempre e cando sexan titulares dunha explotación e posúan chave 365 ou certificado dixital.
Cursos previstos:
– Día 23 de novembro: De 16 a 21 horas. Oficina Rural de Castroverde.
– Día 28 de novembro: De 16 a 21 horas. Edificio Admvo. Xunta Galicia . Lugo
En todo caso, é precisa a anotación previa no curso, dado a limitación de prazas, que se pode realizar nos telefonos 982 294 934 e 982 294 939.