Curso sobre viabilidade económica dos proxectos agrogandeiros

O Sindicato Labrego Galego organiza para este mes de novembro no concello lugués de Xermade un curso sobre viabilidade económica dos proxectos agrarios e gandeiros.

Esta acción formativa está pensada para aquelas persoas que teñan previsto incorporarse ao sector. “Se estás pensando en crear un proxecto agrario ou gandeiro, estas aulas viranche ben acaídas porque nelas, aprenderás que, antes de ver transformados os teus soños en realidade, cómpre dar unha serie de pasos e realizar uns investimentos imprescindibles se queres que comezar a camiñar con paso sólido e seguro”, destacan desde o SLG.

O curso desenvolveraase os días 4, 7, 25 e 28 de novembro na casa escola do Chao, en Cabreiros (Xermade).

Para participar será necesario inscribirse no correo vilalba@sindicatolabrego.com ou chamando ao 604 026 536

curso viabilidade explotaciós gandeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información