O Sindicato Labrego denuncia os atrancos da Xunta ás ganderías para acceder ás axuda do programa Impacto Autónomo

O Sindicato Labrego Galego denuncia os atrancos da Xunta ás ganderías para acceder ás axuda do programa Impacto Autónomo 2023, publicadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ao considerar que “non teñen en conta a realidade das persoas autónomas que realizan actividades agrícolas e gandeiras en Galiza”.

Xa na convocatoria a organización labrega criticou que o procedemento de concesión fose por concorrencia competitiva online, así como a condición de ter máis de 10.000 euros de beneficio neto en 2021, “o que tivo como consecuencia deixar fóra ás explotacións de bovino de carne que tributan por módulos en IRPF con ingresos brutos inferiores a 110.000 euros, é dicir, a práctica totalidade do sector na Galiza”.

Pero ademáis, advirten de que as granxas que si cumplían este requisito e puideron acceder a esta prestación “estanse atopando cun procedemento que non contempla o tipo de tributación propio da produción agraria, distinta á doutros sectores, de forma que se lles está requerindo nova documentación vía telefónica, sendo desestimada a documentación que realmente demostra que cumpren os requisitos, por exemplo o criterio de facturación mínima acreditado cos certificados de retención das empresas que realizan a recollida do leite”.

“Xa nestes momentos, estas anomalías están a provocar retrasos na tramitacións e polo de agora moi poucas aprobacións, até o momento de persoas físicas, ningunha de sociedades”, advirten.

Ante esta situación, dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas esixen á Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade que “subsane as eivas de tramitación que están privando ás granxas dunha prestación á que, atendendo á normativa, teñen pleno dereito, formando de xeito inmediato ao persoal técnico encargado da tramitación da mesma para que podan interpretar correctamente a realidade económica do sector agrario e as súas especificidades tributarias”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información