Curso sobre cultivos de verán na horta ecolóxica

Publicidade
Curso sobre cultivos de verán na horta ecolóxica

O centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Boqueixón, dependente da Consellería do Medio Rural, acollerá dende o 13 de xuño un curso de formación e adquisición de competencias sobre os cultivos de verán en hortas ecolóxicas. A acción formativa levarase a cabo ata o 20 de xullo e terá unha duración total de 48 horas, en quenda de tarde, que comeza ás 16:00 ata as 20:00 horas.

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo da horticultura e a produción vexetal. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

A inscrición no curso pode facerse online a través desta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 331, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información