Produtores ecolóxicos reclaman á Xunta fondos para as solicitudes de axudas denegadas no 2022

PROECOGAL 231025Representantes da Xunta Directiva da Asociación de produtores e produtoras de ecolóxico de Galicia (PROECOGAL), rexistraron este mércores 25 de outubro máis de 10.000 sinaturas pedindo á Consellería do Medio Rural que rectifique e subsane a carencia de fondos económicos suficientes para custear todas as solicitudes da axuda á produción ecolóxica do ano 2022 que cumpren cos requisitos de condicionalidade.

Segundo PROECOGAL Esta resposta social mostra o apoio existente a unha forma de produción sostible e respetuosa co medio, que difire moito das accións da Xunta que, “de xeito inxusto, arbitrario e unilateral, penalizou este sector, no lugar de exaltalo como ven demandando tamén Europa”, e poñendo así, “en situación de precariedade moitos dos solicitantes que se viron obrigados a pechar ou, no mellor dos casos, pasar de novo ó método de produción convencional”.

A Asociación non acepta a resposta por parte do conselleiro de que non se pode ampliar o orzamento cando se puido ver que o PDR do 2014-2020 xa foi modificado moitas veces por cantidades moi superiores ós 2,6 M€ que precisa a axuda demandada do 2022. O sector ecolóxico pode sinala ter cumprido cos compromisos suscritos, de estar en constante crecemento, non pode facer o mesmo a Consellería nin a Xunta, que cada vez discrimina e penaliza máis a produción ecolóxica, incluso deixándoa fóra da axuda de convivencia con grandes cánidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información