Curso sobre comercialización, packaging e etiquetaxe de produtos agroalimentarios

A Fundación Juana de Vega promove coa EFA- Fonteboa unha nova edición do curso “ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS” desde o luns 28 ao mércores 30 de xaneiro de 2019, en horario de 9 a 14 horas. Este curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios, e demais persoas interesadas.

O curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) os días 28 e 29 e  na sede do Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) o día 30 de xaneiro.

Obxectivos:

-Coñecer as novas ferramentas da mercadotecnia online e de comercialización no ámbito agroalimentario.

-Axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.

-Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.

Programa:

Luns 28 e martes 29 de xaneiro:

Lugar: Sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros)

Docente: José Ramón Porto, director de Pe- Mercadotecnia e profesor de Mercadotecnia dixital na USC e na University College de Dublin.

Contidos:
Estratexias de comercialización. Integración offline e online:

-Cambios no comportamento de compra do consumidor.
-A importancia de planificar en mercadotecnia.
-Novas estratexias de comercialización.
-Estratexias de mercadotecnia dixital
-Integración da mercadotecnia tradicional e o dixital.

Mércores 30 de xaneiro:

Lugar: EFA Fonteboa (Coristanco)

Docente: Xosé Teiga, director creativo experto na estratexia aplicada á comunicación e a publicidade para xerar mensaxes de marcas, produtos e empresas a través de conceptos creativos, identidade corporativa e deseño gráfico aplicado á comunicación gráfica, publicidade, interactiva e audiovisual.

Contidos:

1ª Parte

Introdución: Branding & Packaging: necesidade de marcar, signos / marcas, Branding, Tendencias en deseño, Autenticidade, Calidade, Pureza, Biobase, Códigos bidi, Desenvolver unha estratexia

2ª Parte

Identidade de produto: Narración, cultura, industria, Carrefour, atraer, tendencias etiquetas e envases, envases intelixentes, envases verdes, envases adaptados, envases interactivo, novos tamaños, evocar máis emoción / multisensorial, envases personalizados, sustentabilidade, ecofriendly, packaging e innovación

O prazo para inscribirse finaliza o xoves 24 de xaneiro.

Se estás interesade@, inscríbete gratuitamente nesta ligazón.

cartel-curso-packaging-2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información