Os vindeiros 22 e 23 de febreiro celebraranse as “I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa. A ciencia do coidado do solo nas prácticas agrícolas e gandeiras”. Están organizadas pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Fundación CorBI e contan coa colaboración da hortícola Os Biosbardos – Cultura de Leira, Soñando en Verde, Gandería Roidiz; do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), a través do MUNCYT; e do Concello da Coruña a través da rede de Museos Científicos Coruñeses.
O obxectivo que se persegue con estas xornadas é coidar e restaurar o solo para conseguir un proceso de rexeneración integral, abundante e resiliente que beneficie tanto ao medio como á vida das persoas e a súa alimentación.
AXENDA
Público profesional
Xoves, 22 de febreiro | Sesión científico-técnica
MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España) | A Coruña
9.00 -9.30h. Recepción e entrega de documentación.
09.30 – 9.45h. Benvida e presentación.
09.45 – 10.15h. «Que é iso do manexo rexenerativo?» | Edith Uhía Castro, bióloga e permacultora
10.15 – 11.30h. «A vida do solo: produción e rendibilidade con técnicas rexenerativas» | Xan Pouliquen, asesor agrario
11.30 – 12.00h. Pausa café
12.00 – 13.15h. «Transición cara á gandería rexenerativa» | Antonio Tucci, gandeiro e biólogo ambiental
13.15 – 14.15h. Xantar
14.15 – 15.30h. «Agricultura rexenerativa 360» | Francesc Font, The Regen Academy
15.30 – 16.45h. «Agricultura sintrópica. Un posible camiño cara á un futuro abundante» | Jaime Otero, agricultor
16.45 – 18.00h. «Biodiversidade edáfica como motor e consecuencia da agricultura rexenerativa» | Xavier Domene, Centro de Investigación Ecológica y Aplicaciones Forestales (CREAF)
Venres, 23 de febreiro | Saídas técnicas a campo (máx. 30 persoas por grupo)
Opción A: gandería | Gandería Roidiz: As Pontes de García Rodríguez
Opción B: agricultura | Os Biosbardos: Cambre
10.00 – 13.30h. Plan de traballo:
1. Visita e presentación do proxecto escollido.
2. ReFlexión sobre a aplicación dos contidos expostos na sesión sesión científico-técnica.
3. Revisión de problemáticas comúns.
4. Búsqueda de sinerxías e solucións.
Público en xeral
Xoves, 22 de febreiro | Divulgación científica
Museo Domus | A Coruña (charla de libre acceso)
19.00 – 20.30h. «Os 7M da rexeneración dos solos, economías e vidas rurais» | Ana Digón, Asociación de Agricultura Regenerativa