Curso en Narón para obter o carnet de fitosanitarios nivel cualificado

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a semana vindeira en Narón un curso sobre o nivel cualificado da aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios. Cunha duración de 37 horas ao longo de oito días, a acción prolongaranse dende o luns 27 de setembro ao mércores 6 de outubro na sede da cooperativa do Val e impartirase en horario de tarde.

A iniciativa, que será impartida pola Oficina Agraria Comarcal de Ferrol, está dirixida a usuarios profesionais de fitosanitarios que teñen o carné de nivel básico necesario para exercer esta actividade en Galicia e no resto de España e que queren ampliar coñecementos. Tamén ás persoas con responsabilidades na aplicación e na comercialización deste tipo de produtos, capacitándoas para proporcionar a información axeitada sobre o seu uso, os seus riscos para a saúde e o medio ambiente e as instrucións para mitigar ditos riscos.

Así, no programa constan contidos sobre pragas e enfermidades dos cultivos e sobre os métodos de control máis axeitados, sobre os distintos produtos fitosanitarios e sobre a súa secuencia correcta de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación. Ao tempo, incidirase en conceptos como a perigosidade dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas, a súa dosificación, os equipos apropiados para a súa aplicación e a normativa relacionada, ademais da rastrexabilidade e das estratexias e técnicas para a xestión integrada de pragas.

Para anotarse pódense descargar as solicitudes na páxina web de Medio Rural , que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico alejandro.martinez.verez@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 981337044.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información