Curso en liña sobre prevención de riscos laborais para o sector agropecuario

Organizado polo SLG, a formación constará de 40h e abarcará as datas do 14 de febreiro ao 27 de marzo. A participación require de inscrición a través de formulario

Curso en liña sobre prevención de riscos laborais para o sector agropecuario

O curso celebrarase en liña e é específico para o sector agropecuario

O SLG organiza un curso en liña de prevención de riscos laborais específico para o sector agropecuario. A formación é dun total de 40h e terá lugar entre o 14 de febreiro e o 27 de marzo. Esta acción está dirixida a persoas que están desempregadas, traballando por conta allea ou autónomas, así como empresarias, e alumnado dos centros de formación e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais na actividade agropecuaria. Para participar é necesario inscribirse neste formulario.

O obxectivo desta formación é profundizar nos conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, nos riscos xerais e a súa prevención, nos primeiros auxilios, nos elementos básicos da xestión da prevención dos riscos laborais, nos riscos específicos da actividade agraria, e na perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais. Dese xeito, proporcionarase a formación que establece o Anexo IV do regulamento dos servizos de prevención -Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro- que establece a regulación necesaria para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais na actividade agropecuaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información