Curso en Aranga sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Curso en Aranga sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirá a semana que vén no concello coruñés de Aranga un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos. A acción terá lugar o vindeiro martes 28 de setembro no local social da asociación O Toxiño, das 16,00 ás 20,00 horas.

En concreto, o programa abordará diversos conceptos como a comercialización, a gama de produtos, a recollida, o procesado ou os mercados, así como os modelos de xestión, a calidade e a composición do prezo ou a promoción do produto. Deste xeito, o obxectivo principal é informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro.

Todos os interesados poderán anotarse cubrindo a correspondente solicitude dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. Esta deberá remitirse cuberta ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881997279 para máis información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información