Curso de xestión integral de piñeiros en Monforte

Curso de xestión integral de piñeiros en Monforte

A firma Foresín realizará desde o 30 de outubro até o 11 de novembro un curso sobre o manexo do piñeiro en Lugo. A acción formativa levará por nome “Xestión Integral de Piñeiros: madeira, resina, cogomelos e gando”. O obxectivo deste curso é formar ás persoas asistentes no aproveitamento integral do bosque de piñeiro en todos os seus aspectos.

Durante a realización do curso de impartirán conceptos sobre o aproveitamento resineiro como medio para a xestión integral das masas de piñeiro, para que o alumnado adquira os coñecementos precisos para obter madeira de pino de calidade, resina, cogomelos e se considere o gando como medio alternativo para o control do sotobosque.

O curso realizarase no Centro de Interpretación Terras do Miño (Lugo), terá unha duración de 40 horas e as datas van do 30 e 31 de outubro a 2,3,6,7,8, 10 e 11 de novembro. A actividade está financiada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).

Contacto para mais información
distrito.forestal9@xunta.gal
982 828 620

Inscripcións
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información