Foresin e o Distrito Forestal IX Lugo-Sarria organizan o vindeiro 8 de xuño unha xornada sobre o aproveitamento resineiro.
Falarase sobre os traballos realizados nunha parcela de experimentación que Foresin ten no Río Rato de Pinus radiata. Tamén se comentarán os resultados, a calidade da resina en P. radiata.
Rematarase a xornada cunha visita a parcela para amosar o traballo e onde se verán os diferentes métodos de extracción de resina usados ata agora para mellor os rendementos dos resineiros e a calidade da resina recollida.
A actividade é aberta ó público sen necesidade de inscripción previa.