Curso de “Estratexias de comercialización, packaging e etiquetado de produtos agroalimentarios”

A Fundación Juana de Vega promove coa EFA- Fonteboa unha nova edición do curso “Estratexias de comercialización, packaging e etiquetado de produtos agroalimentarios” desde o martes 18 ao xoves 20 de maio de 2021, en horario de 9 a 14 horas. Este curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas. A inscrición é de balde e con prazas limitadas.

O curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) os días 18 e 19 e no Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) o 20 de maio.

Os obxectivos do curso son:

-Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.

-Axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.

-Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.

Máis información sobre o programa de formación e a inscrición nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información