O Sindicato Labrego Galego vai realizar en Chantada unha acción formativa presencial baixo o nome “Curso de Dixitalización no agro. Preparándonos para o que se nos vén enriba…”.
A formación realizarase durante o mes de outubro entre os días 9, 10, 23 e 24. O horario das aulas será de 15:30 a 18:30 horas no local do SLG na localidade chantadina.
Para máis información pódese contactar cos números 982440804 e 666935548 ou no enderezo electrónico: chantada@sindicatolabrego.gal