Cualifican de moi boa a colleita 2021 da DO Monterrei

Publicidade
Cualifican de moi boa a colleita 2021 da DO Monterrei

O equipo de profesionais que integraron o panel de cata, que foron recibidos pola presidenta Lara Da Silva, na sede do Consello Regulador de Monterrei.

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acolleu este luns a Cata de Cualificación da Colleita 2021. Nesta cata participaron representantes de asociacións profesionais e do panel oficial da denominación, que cualificaron como “moi boa” a colleita 2021 dos viños de Monterrei.

Na súa valoración, o equipo de cata destacou: “en brancos, as condicións climáticas da anada aceleraron unha vendima que dotou de maior frescura aos viños e dunha complexidade aromática que vai máis aló da froita, con moita flor, recordos vexetais e mineralidad en boca. Respecto a os tintos, domina a froita en nariz e na boca mantense unha racialidad, que nos lembra que estamos nunha zona de transición oceánica, sendo viños para gozar hoxe e que tamén esperamos probar dentro duns anos en perfecto estado”.

Cata a cegas de expertos

En concreto, someteuse a esta cata unha representación proporcional de viños da denominación. As mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, mantendo desta forma criterios de obxectividade ao tratarse de mostras anónimas. A nota final ha resultado do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

O panel de cata, que foi recibido pola presidenta do Consello Regulador Lara Da Silva, estivo conformado polos seguintes expertos:

– Alejandro Paadín (membro da FIJET – Fédération Internationale deas Journalistes et Ecrivains du Tourisme-).

– Erika Barbosa (catador do Corte Inglés).

– Isaac César González (Panel Oficial do C.R.D.O. Monterrei).

– Javier Facal (secretario xeral da Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia).

– Maira Ratón (membro da Asociación de Enólogoes/Enólogos de Galicia).

– Rebeca André (Panel Oficial do C. R.D.O. Monterrei).

– Vania González (Panel Oficial do C. R.D.O. Monterrei).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información