Convocadas as axudas para forestación con coníferas e frondosas

Medio Rural destina 8 millóns de euros para as anualidades 2021 e 2022. Prevé apoiar a plantación de 4.000 hectáreas con estas subvencións

Publicidade
Convocadas as axudas para forestación con coníferas e frondosas

Plantación de piñeiros. / Arquivo.

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioG0426-110121-0001_gl.html

Prazo: Ata 11/03/2021

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas para forestación de terras non agrarias con coníferas e frondosas. Poderán acceder a estas axudas as superficies que estean identificadas no Sistema de Información Xeográfica (Sixpac) como forestal (Fo), pasto con arboredo (PA) ou pasto arbustivo (PR), sempre que o planeamento urbanístico permita a plantación das correspondentes parcelas.

As axudas oriéntanse tanto a particulares como a comunidades de montes, montes de varas e Sofor, entre outras entidades. Esíxese unha superficie mínima de plantación dunha hectárea en couto redondo, salvo no caso das Sofor, que poderán plantar superficies menores.

As parcelas a plantar deberán tamén cumprir co requisito de estar desarboradas durante os últimos 5 anos ou cunha superficie cuberta inferior ó 20% do total. Exceptúanse as zonas con rebrotes de eucalipto menores a 10 centímetros de diámetro ou que teñan acacia negra, mimosas ou robinias, que entrarán nas axudas.

Á hora de puntuar as solicitudes, daráselle prioridade ás parcelas que estean en zonas afectadas polo nematodo do piñeiro ou incluídas nunha masa de frondosas consolidada.

Os apoios cubrirán o 100% das actuacións, cun máximo de 1.853 euros por hectárea no caso das coníferas e de 2.398 euros por hectárea nas frondosas.

De frondosas, pode elixirse para a súa plantación entre unha vintena de especies, incluíndo todas as habituais (castiñeiro, cerdeira, carballo americano, carballo, nogueira, etc.). En canto ás coníferas, poderán plantarse algunhas das seguintes cinco: piñeiro do país, piñeiro insigne, piñeiro silvestre, piñeiro de Oregón ou piñeiro laricio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información