Madeira en exteriores: tres proxectos con Pino de Galicia

A Fundación Arume amosa nun vídeo a potencialidade da madeira da marca de garantía Pino de Galicia para usos en exteriores de edificacións. A peza ensina dous proxectos de aloxamento turístico e outro residencial que a empregan

O emprego de madeira en exteriores de edificacións é unha opción que ofrece numerosas vantaxes, tanto a nivel de sostibilidade ambiental dos proxectos como a nivel estético e técnico. Co fin de amosar a potencialidade da madeira de Pino de Galicia en exteriores, a Fundación Arume elaborou un vídeo no que amosa tres proxectos executados con madeira galega, que se demostra adaptada ás distintas necesidades, pois cumpre coas esixencias técnicas e de durabilidade para usos exteriores.

En concreto, a peza ensina o complexo de cabanas de Beche (Abegondo, A Coruña), a iniciativa Cabañitas del Bosque (Serra de Outes, A Coruña) e un complexo residencial de apartamentos turísticos en Foxos (Sanxenxo), que está en execución.

O traballo complétase coas explicacións de Jorge Martínez, director executivo de Suites Nature (Cabanas de Beche), de Abel Castro, da empresa Hermanos Castro, que suministrou madeira termotratada para o proxecto de Cabañitas del Bosque, e de Juan Álvarez, da promotora Arial, que edifica un conxunto de edificios de apartamentos turísticos en Sanxenxo.

Esta peza inclúese na serie divulgativa, formada por vídeos e entrevistas, coa que a Fundación Arume quere dar a coñecer o traballo da cadena monte industria de coníferas, destacando a ampla gama de usos e aplicacións que ofrece a madeira galega de piñeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información