Continúa a suba dos produtos lácteos nos mercados internacionais

MERCADO LACTEO DEC 21Decembro pechou cunha suba dos produtos lácteos nos mercados internacionais, unha tendencia que se mantivo ao longo de todo o 2021, especialmente na manteiga e no leite en pó, favorecidos por unha lixeira baixada da produción de leite nos principais países exportadores e por un incremento do consumo.

En concreto, segundo o último informe que ven de publicar a Comisión Europea, os datos de finais de decembro amosan unha suba das cotizacións da manteiga do 3,3% na Unión Europea, ata os 6232 dólares por tonelada, mentres que en Nova Zelandia e Australia a suba foi do 3,1% e en Estados Unidos do 5,3%.

En canto ao leite en po, pechou o ano tamén cuns prezos á alza: Na Unión Europea o desnatado encareceuse un 2,4% ata os 3668 euros a tonelada e o enteiro chegou aos 4620 euros, un 2,9% máis que os prezos de mediados de decembro.

Os que seguen máis estables son os prezos do queixo: un 0,5% de suba no Cheddar na UE na última semana de decembro, rematando o ano nos 3760 euros a tonelada.

Polo demáis, nos mercados internacionais Estados Unidos segue sendo máis competitivo na exportación de manteiga, cunha diferenza de -1450 euros por tonelada con respecto á manteiga da Unión Europea, mentres que Oceanía (Australia e Nova Zelandia) segue tendo prezos menores no leite en po enteiro. A Unión Europea ten prezos máis competitivos no queixo Cheddar e no leite en pó desnatado.

MERCADO LACTEO XAN 22

En canto ao inicio do 2022 o Global Dairy Trade, a subasta de lácteos organizada cada dúas semanas por Fonterra, comezou tamén en positivo: subas do 1% nas cotizacións do leite en po desnatado; do 0,3% para a manteiga e do 4,9% para o queixo cheddar.

A caída da produción de leite a nivel mundial en 2021 favoreceu a suba dos produtos lácteos

A alza que experimentaron en 2021 os produtos lácteos nos mercados internacionais veuse favorecida por unha menor produción de leite nos principais países exportadores. Así, a Unión Europea contabilizou unha caída do 0,1% entre xaneiro e outubro con respecto ao mesmo período de 2020. En Nova Zelandia e Australia a produción rexistrou caídas do 2,4 e do 2,9%, respectivamente. Pola contra, Estados Unidos produciu de xaneiro a novembro de 2021 un 1,5% máis de leite que no mesmo período do 2020.

Por último, os prezos para os produtores seguen en niveis parecidos nos principais países exportadores: En Estados Unidos o leite cun 4,2% de graxa está a 0,39 euros o litro; en Nova Zelanda (cun 4,2% de graxa e un 3,35% de proteína) está a 0,407 euros e na Unón Europea a media que se lle pagou aos produtores en novembro foi de 0,40 euros o litro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información