Conde destaca a importancia do selo Galicia Calidade para a valorización dos lácteos galegos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía apunta que Galicia é a oitava rexión europea en produción de leite, con 2,98 millóns de toneladas rexistradas en 2021 e unha facturación de 995M€

Conde destaca a importancia do selo Galicia Calidade para a valorización dos lácteos galegos

Francisco Conde, conselleiro de Economía, na súa visita á sede de Castro de Rei de Innolact

Francisco Conde, vicepresidente económico e conselleiro de Economía, visitou a sede de Castro de Rei da empresa lucense Innolact para entregar o distintivo de Galicia Calidade, e recoñeceu que este selo nos produtos Quescrem avala unha aposta continuada no tempo pola transformación e a valorización do sector lácteo galego.

O selo Galicia Calidade “acredita a calidade da materia prima: leite cen por cento galego que provén de explotacións gandeiras locais, nunha comarca de extensa tradición leiteira”, asegura Conde. Así mesmo, a partir da súa visita, o conselleiro acredita que “a esa materia prima se lle aproveitan todas as calidades e propiedades nutricionais a partir da I+D+i, cun departamento onde a empresa reinviste preto do 10 por cento dos seus ingresos porque a innovación está no ADN de Innolact”.

Actualmente, con esta marca distintiva de produtos galegos “están certificadas 145 empresas e máis de 600 produtos; delas, 65 pertencen ao sector agroalimentario”, afirma Francisco Conde. Ademais, o conselleiro aproveita para destacar o potencial da industria láctea galega sinalando que “Galicia é a oitava rexión europea en produción de leite, con 2,98 millóns de toneladas rexistradas en 2021 e unha facturación de 995M€. Nese contexto, o selo Galicia Calidade presenta gran importancia para a valorización do sector lácteo galego”, concluíu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información