Comeza o ensilado do millo en Galicia e en Asturias xa empezaron hai máis dunha semana

Esta pasada semana comezou a campaña do ensilado do millo en Galicia, en concreto en concellos do Sur da provincia de Lugo, nos que a calor e a seca obrigan normalmente a empezar antes estes traballos.

En concreto, o equipo de maquinaria da cooperativa Aira estivo ensilando estes días en concellos como Taboada ou Chantada. Velaquí un vídeo do ensilado na Crear SC de Chantada e unha foto dunha das parcelas da gandería SAT Seixas:

ensilado do millo AIRA chantada SAT SEIXAS

En Asturias a forte seca fixo que se adiantara moito a campaña

Situación máis complicada estana a vivir os gandeiros de Asturias, onde a forte seca deste verán, con ausencia de ventos do nordés que aportasen humidade, como sole ser habitual nesta época, minguou notablemente a colleita.

«En mayo vinieron veinte días de sol y nació muy mal, luego hubo plaga de rosquilla, que lo comió, y en junio llegó la seca», comenta ao xornal El Comercio Manuel Ángel Fernández, que sementou varias leiras de millo en Manzaneda (Gozón), e puntualiza que este ano «tenemos un 50% menos de lo que debería haber».

Deste xeito, hai dúas semanas que nos concellos da comarca do Eo-Navia, limítrofe coa provincia de Lugo, xa comezaron a ensilar o millo debido á seca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información