O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) acaba de publicar unha circular informativa sobre os criterios mínimos para os controis das axudas da Pac, así como para as penalizacións.
En concreto, a circular establece os requisitos legais de xestión e as normas en materia de boas condicións agrarias e ambientais da terra; os controis mínimos a realizar no marco do sistema integrado de xestión e control para verificar o cumprimento da condicionalidade , e os criterios mínimos para a aplicación harmonizada das penalizacións.
Ademais, tamén determina as marxes para fixar, en función do carácter neglixente ou intencionado dos incumprimentos e segundo a gravidade, alcance, persistencia, e reiteración dos mesmos, o nivel de penalización.
O obxecto da mesma é marcar uns criterios mínimos para garantir unha aplicación harmonizada da regulamentación comunitaria e da normativa básica de desenvolvemento de competencia estatal, así como a igualdade de tratamento entre os beneficiario.
Accede aquí á circular do Fega.