Charlas informativas en Lugo e Sarria sobre as axudas para plans de mellora e incorporación ao agro

Charlas informativas en Lugo e Sarria sobre as axudas para plans de mellora e incorporación ao agro

As Oficinas Agrarias Comarcais da Área de Servizos Agrarios de Lugo (Lugo, Castroverde, Friol, Monterroso e Sarria ), dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo, van celebrar unha charla divulgativa sobre as axudas para creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, para apoio aos investimentos en explotacións agricolas e para creación de empresas para desenvolvemento de pequenas explotacións.

Estas axudas publicáronse no Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro de 2022, cun prazo de solicitude ata o día 9 de marzo.

Preténdense repasar o procedemento, requisitos, documentación mínima, baremo e axudas, pero sobre todo contribuir a diminuir as incidencias na xestión, conseguir proxectos mais maduros e lograr un contacto mais próximo as redes de oficinas agrarias.

Lugar: Salón Actos Edificio Administrativo Xunta de Galicia en Lugo.
Día : 17 de febreiro de 2022.
Hora: 12 horas.

Asistencia: Débese confirmar asistencia a través do correo electrónico
oac.seca.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982294934 ou 982294931

Unha segunda charla na comarca de Sarria será:

Lugar: Casa da Cultura de Sarria.
Día: 21 de febreiro de 2022
Hora: 12 horas.

Asistencia: Débese confirmar asistencia a través do correo electrónico
oac.seca.sarria@xunta.gal ou nos teléfonos 982870774 ou 982870771

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información