A asociación Agromuralla, que mantén unha tractorada en Lugo desde o pasado xoves 10 de decembro, ten convocada para hoxe unha cacerolada ás 12 do mediodía ante o edificio multiusos da Xunta.
Para o fin de ano, os gandeiros teñen previsto comer as uvas a partir das 12 do mediodía, tamén ante o edificio da Xunta. Por outro lado, Agromuralla informa de que ten prevista a chegada ó longo de hoxe duns 50 tractores máis, que cubrirán os ocos dos que se foron indo nos últimos días.
Mazaricos
En canto ós actos de fin de ano no sector, a asociación Gandeiros de Mazaricos, en colaboración con outras entidades do concello, ten previsto tamén un acto para mañá, ante a Casa da Cultura de Mazaricos, onde farán un brinde con leite.