Avances na nova concentración parcelaria do concello de Boqueixón que afectará a case 2000 hectáreas

Este proceso prevé reorganizar 1.957 hectáreas nas zonas de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo, propiedade de 1.195 persoas e 136 explotacións agropecuarias

Avances na nova concentración parcelaria do concello de Boqueixón que afectará a case 2000 hectáreas

Xuntanza informativa presidida por Inés Santé sobre os avances na concentración parcelaria / Fonte: Xunta de Galicia

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo esta mañá unha reunión informativa cos veciños beneficiados pola concentración parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo, no concello coruñés de Boqueixón. Este proceso prevé reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas divididas en 10.460 parcelas, propiedade de 1.195 veciños.

Así, a directora xeral sinalou que “para levar a cabo este proceso, a Xunta ten previsto investir un orzamento de algo máis de 5,8 millóns de euros, co fin de mellorar a estrutura territorial da zona e beneficiar tamén as 136 explotacións agropecuarias existentes”. Ao igual que o resto de parcelarias decretadas nos últimos anos, este proceso declárase mediante a Lei de mellora de estrutura territorial de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir os seus custos de produción.

Imaxes tomadas no trascurso da xornada / Fonte: Xunta de Galicia

Imaxes tomadas no trascurso da xornada / Fonte: Xunta de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información