Martín Códax acolle este venres unha demostración de maquinaria innovadora en viñedo

Publicidade
Martín Códax acolle este venres unha demostración de maquinaria innovadora en viñedo

FEUGA e o proxecto europeo H2020 IPMworks presentan unha xornada de demostración de maquinaria agrícola innovadora que promete un gran cambio na aplicación de fitosanitarios en viticultura. O evento conta coa colaboración de Clemens Technologies e Adegas Martín Códax. Será o día 21 de xullo no Viñedo Pé Redondo ás 11:00.

A demostración comezará co destacado sistema de pulverización de reciclaxe Lipco, deseñado para tratamentos fitosanitarios. Grazas ao seu innovador método de pulverización en túnel, este sistema reduce a deriva nun 99%. Os asistentes terán a oportunidade de presenciar de primeira man a eficiencia deste sistema revolucionario.

O pulverizador responde ós retos ambientais e permite realizar un tratamento de calidade, sen deriva e respectando a vexetación; conseguíndose ademais un gran aforro en produtos. Cómpre destacar que as partículas de produto en suspensión recupéranse, fíltranse e reutilízanse, o que diminúe o consumo de produto.

Na xornada, tamén se levará a cabo unha demostración de control de malas herbas, utilizando diferentes métodos mecánicos. Os asistentes poderán coñecer de preto o funcionamento de ferramentas como Intercepas Radius SL+, Intercepas con ganchos giratorios e o Intercepas escardador de dedos. Estas solucións ofrecen métodos efectivos e sostibles para o control da vexetación daniña nos viñedos, prescindindo da aplicación de herbicidas.

O evento concluirá cunha demostración final centrada na calibración da maquinaria, un aspecto clave para o seu correcto funcionamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información