A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nova serie T7 LWB PLM Intelligence: ampliación da gama de alta potencia de New Holland

Nova serie T7 LWB PLM Intelligence: ampliación da gama de alta potencia de New Holland

Tractor New Holland T7 300 LWB Blue Power Stage V.

New Holland presenta unha serie de tractores de alta potencia que completa a parte media da gama nos T7, desde os 200 aos 280 CV de potencia máxima.

O modelo de maior potencia dos T7 LWB, o T7.300, preséntase como tractor de altas prestacións, pero cun peso e dimensións versátiles, capaz de cubrir tarefas de tiro pesado, pero máis lixeiro e maniobrable cando se desenvolven labores de transporte e toma de forza, onde achega ademais 20 CV extra de potencia. Podes velo en funcionamento neste vídeo.

Máis potencia. Máis confort. Máis opcións. Dimensións compactas

Os novos modelos, incorporan un motor NEF 6 de FPT Industrial que consegue reducir as emisións contaminantes sen diminución das prestacións motoras nin complicacións ao condutor.

Outra das novidades que marca a diferenza é o posto de condución. A nova cabina Horizon Ultra destaca por ser a máis silenciosa do mercado, con só 66 dB(A) e ‘desacopla’ o movemento da cabina do chasis para ofrecer unha condución extremadamente suave.

Do mesmo xeito, o novo reposabrazos multifunción consegue incrementar a ergonomía dos T7.

Innovación intelixente: conectividade e eficiencia

Dentro da denominación PLM Intelligence englóbanse unha multitude de aplicacións e características enfocadas a facilitar o día a día de agricultores e contratistas. O moderno monitor IntelliView 12 permitirá unha xestión bidireccional entre tractor e implemento.

As solucións avanzadas PLM Intelligence de New Holland inclúen as máis punteiras aplicacións agrícolas, como son o sistema de autoguiado IntelliSteer cunha precisión de 1,5 cm, IntelliTurn e a xestión de secuencias de xiro en cabeceira, así como compatibilidades con ISOBUS para o control de seccións, co cal os clientes optimizan os seus rendementos.

A conectividade tamén foi unha prioridade á hora de lanzar ao mercado a nova gama, incluíndo de serie a aplicación exclusiva ofrecida por New Holland de MYPLM Connect, que permite un intercambio de datos e información en tempo real desde o campo. Con iso pódese xestionar o parque de máquinas desde a oficina, ou enviar datos a cada condutor de maneira individualizada e instantánea a través da aplicación MYNEWHOLLAND.

Interior dun T7 300 LWB Stage V.

Interior dun T7 300 LWB Stage V.

Excelencia, tamén na posvenda

New Holland é consciente de que o servizo neste tipo de tractores é fundamental, por iso a gama T7 inclúe a característica “UpTime” durante os tres primeiros anos: solución de incidencias 24/48 h. e vehículo de substitución no caso de que a resolución se prolongue no tempo.

Os concesionarios teñen a funcionalidade “Control Room”: sala de control operativo onde o persoal de posvenda monitoriza as máquinas activas e realiza diagnóstico preventivo, conectándose en remoto se o cliente o solicita ou recibe información de diagnóstico, en directo para tomar calquera medida de maneira inmediata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *