Para premiar o esforzo dos profesionais do agro á hora de colaborar na reciclaxe dos envases fitosanitarios, Sigfito puxo en marcha unha campaña, Operación Reciclaxe, pola que distribuirá agasallos entre tódolos agricultores que depositaran este ano envases de pesticidas nos puntos de recollida de Sigfito, máis de 1.200 en toda Galicia.
Para participar na campaña, é preciso que o agricultor teña recollido os correspondentes albaráns cando entrega os envases baleiros. Por cada quilo de envase reciclado, o produtor obtén créditos que poderá trocar por agasallos na web da campaña. Tamén os puntos de recollida teñen premios en función dos quilos de envases que acumulen.
A campaña mantense aberta ata o 30 de xuño e contabilizaranse tódolos envases entregados no primeiro semestre do 2020.
Máis de 51.000 quilos recollidos en Galicia
En Galicia recolléronse o ano pasado un total de 51.222 quilos de envases, con 5.065 agricultores que colaboraron na entrega dos mesmos. Iso supón un aumento en relación ó ano anterior, cando foran 47.807 quilos de envases agrarios en toda Galicia.
Durante o último ano, Pontevedra, con 18.321 quilos de envases recollidos por parte de 2.509
agricultores, foi a provincia con máis volume de recollida.