AGACA abre a matrícula para a segunda edición do curso online gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”. O 20 de setembro comeza a formación, que busca promover as oportunidades que a economía social e a implantación destas certificacións supoñen para modernizar as explotacións agroalimentarias.
Consta de 3 unidades didácticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBAL GAP, BRC/ IFS e certificacións de vacún de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica).
En total, ofrécense 70 horas de formación que poden ser cursadas online dende o 20 de setembro ata o 28 de outubro mediante unha plataforma de teleformación á que o alumando poderá acceder en calquera momento que elixa.
A inscrición realízase a través de www.agaca.coop.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.