A facturación da cadea forestal-madeira de Galicia rondou os 2700 millóns de euros o pasado ano

A facturación da cadea forestal-madeira de Galicia rondou os 2700 millóns de euros o pasado ano

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, destacou este venres na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, que a cadea forestal-madeira baterá o seu récord de facturación, cunha previsións duns 2700 millóns de euros no ano 2022.

Jaboco Aboal fixo referencia á facturación conxunta dos subsectores principais da cadea de valor forestal madeira, que ascendeu aos 2.578 millóns no ano 2021. Isto supón un aumento dun 29% con respecto á estimada en 2020 e o máximo histórico da serie dende 2006.

Ademais, segundo indicou o director, as estimacións para o ano 2022 indican que a facturación podería acadar o seu propio récord, chegando aos 2.700 millóns de euros. Seguindo nesta liña, enxalzou a aposta da Xunta neste eido e destacou que no último ano a axencia convocou axudas por un importe total de preto de 24,3 millóns de euros. Jacobo Aboal referiuse ao cambio climático e á descarbonización como unha das máximas da Axencia, materializadas a través do fomento de construcións que incorporen madeira galega.

Neste sentido, destacou o Acordo de Colaboración co Servizo Galego de Saúde para a execución de Puntos de Atención Continuada (PAC) que se están a construír en madeira e a colaboración coa Dirección Xeral de Defensa do Monte na construción de novas bases de unidade operativa feitas integramente con madeira de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información