A Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrou durante a pasada fin de semana, concluíu coa entrega dos premios da Cata Oficial, na que participaron 13 adegas da comarca cun total de 31 referencias distintas, 18 marcas de tinto e 13 de branco. Os viños e as adegas distinguidas polo xurado foron os seguintes.
Viños brancos
1º Premio- Casal Novo, de Adega O Casal S.A.T
2º Premio- Viña Abad, da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno
3º Premio- Cepado Godello, de Adega Cepado S.L.
Viños tintos
1º Premio- D´Berna, de Guitián y Blanco S.C.
2º Premio- Viña Costeira Mencía, de Viña Costeira S.C.G.
3º Premio- Cepado Mencía, de Adega Cepado S.L.
A mención especial “viños doutras añadas” foi para Garnacha Vella, da Chaira do Ramiriño 2015, de Bodega Sampayolo S.L.