A Federación Frisona Galega (Fefriga), en colaboración coas asociacións provinciais de Control Leiteiro, acordou volver organizar este ano a Escola de Xuíces Gandeiros.
O curso celebrarase en ganderías da provincia de A Coruña, Lugo e Pontevedra e abordará, entre outras temáticas, a morfoloxía da vaca Frisoa. Está aberto a gandeiros e técnicos do sector e prevese que se celebre os vindeiros días 26, 27 e 28 de xullo.
En vindeiros días será publicado o programa e o impreso de inscrición que se tramitará a través da páxina web da Federación Frisona Galega.