Leite Noso, a sociedade que se fixo coas marcas da antiga Alimentos Lácteos, Deleite e Muuu, emprende hoxe a actividade cun sinal de identidade claro. Quere posicionarse no mercado como unha marca con valor social, que é propiedade dos gandeiros e que lle paga prezos xustos ás granxas proveedoras.
A primeira proba de tal compromiso son os contratos que asinou coa trintena de granxas da Coruña e de Lugo que xa lle suministran o leite. Son todos eles contratos a un ano, cun prezo fixo de 28,5 céntimos máis calidades e con garantía de recollida do 100 % da produción das explotacións, cun marxe de tolerancia do 10% sobre o volume contratado.
Leite Noso quere posicionar Deleite como unha marca con valor social, que lle paga prezos xustos ás granxas proveedoras
A sociedade sitúase así no campo no treito alto de prezos e co compromiso de manter eses pagos durante un ano para a totalidade das entregas de leite. Non aplicará, por tanto, fórmulas de desconto para parte das entregas en función dos prezos dos produtos lácteos industriais, como está a ser habitual en boa parte das industrias do sector.
Calidade
Outro dos pilares de traballo de Leite Noso enfócase no coidado do produto e en garantir un bo traballo nas granxas proveedoras. A sociedade certificará a todas as explotacións que lle suministran materia prima conforme a un manual de calidade interno que inclúe aspectos coma o benestar animal, un bo manexo das vacas ou instalacións axeitadas.
Os parámetros esixidos no leite diríxense tamén a bonificar a produción de calidade extra, con primas de calidade AA, de certificación e de cantidades. En canto á composición, pídense uns mínimos do 3,70 de graxa e 3,20 de proteína.
Comercialización
Leite Noso inicia hoxe a recollida e transformación do produto na planta propiedade de Tegestacín en Outeiro de Rei (Lugo). A idea da sociedade é a de comezar a comercializar proximamente en Galicia a marca Deleite, que estará dispoñible nun principio en briks dun litro tanto de leite enteiro como semidesnatado e desnatado. O prezo de venda ó público será similar a outras primeiras marcas do mercado, segundo as previsións da empresa.
De cara ó verán, Leite Noso aumentará a gama de produtos de Deleite, co lanzamento de leite sen lactosa.
Asi se fai deleite haber se os demais aprenden algo eu son gandeiro se me necesitas chamame eston disposto a darche o leite son da montaña de Lugo
Busco empresa k me recoja la leche en a pastoriza lugo
Bos días María:
Recomendámosche que te poñas directamnte en contacto con Leite Noso, explicándolles a túa situación, o volume de leite que produces e máis datos, enviando un correo a leitenoso@leitenoso.gal
Un saúdo