Os gandeiros levantan o bloqueo a Lidl tras lograr un acordo

A multinacional alemá comprométese a crear unha marca branca co selo Galega 100% para o mercado de Galicia e a aumentar 2 céntimos o prezo que lle pagará á industria. Os gandeiros reforzan na Coruña o bloqueo a Carrefour, que ata o de agora non aceptou sentarse a negociar

Os gandeiros levantan o bloqueo a Lidl tras lograr un acordo

A protesta concentrarase agora en Carrefour

Os gandeiros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo veñen de levantar o bloqueo á cadea de supermercados Lidl na Coruña despois de conseguir este mediodía da multinacional alemá un compromiso en canto á orixe e ao prezo do leite.

En concreto, Lidl creará para o mercado galego unha nova marca branca co selo Galega 100%, para garantir que a súa orixe é de explotacións gandeiras galegas. Esta marca. que se comercializará co nome de “La Vaquera, será envasada por Leite Celta, que xa envasaba Milbona, unha das dúas marcas brancas que Lidl ten no mercado, mentres que manterá a outra, Finessa.

En canto ao prezo, Lidl comprometeuse cos representantes dos gandeiros a subir 2 céntimos o prezo que lle pagará a Leite Celta por esa nova marca branca con selo Galega 100%, unha suba que a industria deberá trasladar aos produtores.

Para o resto de España, Lidl manifestou a súa decisión de traballar na revalorización do leite a través da aposta polo selo Productos Lácteos Sostenibles (PLS), creado polo Ministerio de Agricultura.

O bloqueo na Coruña concéntrase agora en Carrefour

O acordo ao que chegaron os representantes dos gandeiros cos responsables de Lidl foi posteriormente refrendado polos gandeiros en asemblea, pasadas as 17:00 horas. A esta hora agardan que Lidl faga pública tamén unha nota de prensa anunciando o acordo.

Deste xeito, os produtores retiraron os tractores do Lidl do polígono da Grela e do Lidl de Fonteculler para reforzar o bloqueo ao Carrefour de Alfonso Molina. Os gandeiros manteñen o bloqueo ininterrompido ao aparcadoiro deste centro dende o pasado xoves e, dende a pasada madrugada, tamén atrancaron cos tractores a entrada de mercadorías.

Acusan a esta multinacional francesa de non ter vontade de diálogo ao negarse a sentarse a negociar cos representantes dos gandeiros.

Comunicado de Lidl España sobre el acuerdo. 

En el marco de una reunión mantenida en un clima de entendimiento y colaboración entre representantes de ambas partes se ha analizado la situación que atraviesa actualmente el sector y se han acordado una serie de medidas que tienen como objetivo valorizar la leche producida en Galicia y contribuir a su sostenibilidad a largo plazo de los ganaderos gallegos.

En esta reunión los representantes de los ganaderos han mostrado su preocupación por la precaria situación de las explotaciones lácteas gallegas y Lidl ha querido dejar patente el compromiso que mantiene con  el sector y que se materializa ya desde hace tiempo a través del programa PLS, sello con el que Lidl comercializa la leche de su marca ‘Milbona’.

Con el objetivo de seguir colaborando en la sostenibilidad del sector, a corto plazo, Lidl ha decidido comercializar leche de la marca “La Vaquera”, de origen 100% gallego, con el compromiso de hacerlo a precios que puedan garantizar una justa retribución a toda la cadena alimentaria y asegurando –a través de sus proveedores- que el ganadero gallego percibe el precio justo por ella.

A medio y largo plazo, el compromiso de Lidl con los ganaderos gallegos pasa por desarrollar y comercializar productos lácteos de mayor valor añadido, como pueden ser leches enriquecidas o derivados lácteos, producidos con leche 100% gallega. De este modo, se proporciona al sector primario gallego la posibilidad de desarrollar un modelo de  negocio basado en la generación de valor que ha de permitir lograr una sostenibilidad a largo plazo.

Víctor de Bobes Martínez
LIDL SUPERMERCADOS, S.A.U.
Dpto. de Comunicación
c/ Beat Oriol s/n – Pol. Ind. “La Granja”
E-08110 Montcada i Reixac
>BARCELONA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información