Segue a caída do prezo da manteiga e do leite en pó nos mercados

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea (MMO polas súas siglas en inglés) ven de publicar os datos das últimas cotizacións dos produtos lácteos na UE, correspondentes á segunda semana de 2023, nos que se confirma unha baixada xeral, ao igual que nos principais mercados internacionais.

En concreto, a pasada semana o prezo da manteiga seguiu baixando con respecto a comezos de decembro, neste caso un 6,3 % na UE, quedando nos 5,41 € o kg; mentres a que no leite en pó desnatado a baixada foi do 5% (2,75 €/kg) e no enteiro do 5,6% (3,85 €/kg). O queixo cheddar mantívose máis estable, cun lixeiro descenso do 0,7% (4,640 €/kg).

O leite spot en Italia tamén segue á baixa e está nos 0,538 euros o litro.

Por outra parte, a última poxa da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou cunha baixada do 20,1 % no seu índice. Neste caso a caída do prezo da manteiga foi do 0,6%; dun 0,3% no leite en po desnatado, mentres que o enteiro subiu un 0,1% e o prezo do queixo cheddar revalorizouse un 4%.

PREZOS LEITE INTERNACIONAL

Descarga aquí o último informe do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información