Xornada sobre o cultivo de chícharo bravo en Galicia

Publicidade
Xornada sobre o cultivo de chícharo bravo en Galicia

Plantación de chícharo bravo.

Data inicio: 21/10/2022
Data fin: 21/10/2022
Lugar: Aula Uned, Polígono Lalín 2000, Lalín, España

O CIAM organiza unha xornada sobre o cultivo do chícharo bravo (altramuz) en gran en Galicia. A formación celebrarase o vindeiro día 21 de outubro en Lalín (Pontevedra). Na sesión abordaranse da man de expertos as posibilidades de aproveitamento deste cultivo en Galicia para poder fornecer ás fábricas de penso galegas ou mesmo ser aproveitado directamente polas ganderías para elaborar as súas propias mesturas de penso. Precisamente, a cooperativa de segundo grao lalinense Xuncoga, xa probou a cultivar hai anos chícharos para as mesturas dos seus pensos, aínda que a experiencia non tivo continuidade.

A xornada terá lugar na Aula da Uned de Lalín, situada no polígono industrial da vila. As persoas interesadas en asistir poden cubrir este impreso cos seus datos persoais e deberán remitilo despois ó email: luis.urquijo.zamora@xunta.es. Tamén poden solicitar máis información sobre a xornada contactando co investigador Luis Urquijo no teléfono 881 881 852.

A continuación detallamos o programa da xornada:

9:30 – 10:00 horas. Control de asistencia e reparto de información.

10:00 – 10:15 horas. Presentación do director do Agacal, José Luis Cabarcos Corral.

10:15 – 10:45 horas. O cultivo do chícharo bravo. Experiencia no Ciam. Luis Urquijo.

10:45 – 11:15 horas. Experiencias con chícharo bravo en Galicia. Fernando Almeida.

11:15 – 11:45 horas. O chícharo bravo en España. J.M. Mateos – Cañero.

11:45 – 12:15 horas. Descanso para o café.

12:15 – 12:45 horas. O chícharo bravo en Extremadura. CICYTEX. María José Lozano / Antonio García

12:45 – 13:15 horas. As proteaxinosas na industria do penso galega- Piensos del Sil.

13:15 – 13:45 horas. Mesa redonda.

TripticoAltramuz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información