Data inicio: 15/10/2015
Data fin: 15/10/2015
Lugar: Centro de Formación y Experimentacion Agroforestal de Monforte de Lemos, Monforte de Lemos, España
A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organiza este xoves a xornada “Na procura do equilibrio entre solo, clima e planta: Viticultura de precisión”, que se celebrará en Monforte de Lemos.
A inscripción é gratuíta a través da páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar ou na páxina web da EVEGA. As solicitudes deberán remitirse a evega.medio-rural@xunta.es.
A xornada celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Leos, na rúa Alfredo Brañas s/n.
O programa da xornada é o seguinte:
08:30 a 9:00: Entrega da documentación.
9:00 a 9:45: A viticultura de precisión como modo de obtención de produtos diferenciados. A cargo de José Antonio Rubio Cano, xefe da Unidade de Cultivos Leñosos e Hortícolas do Instituto Tecnolóxico Agrario de Castela e León.
9:45 a 10:30: Viticultura de precisión. Tendencias tecnolóxicas e as súas vantaxes. Jorge Seoane Brandariz, Área Sensórica e Comunicións da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia.
10:30 a 11:00: Pausa café.
11:00 a 11:45: Apoio á toma de decisións: uva sá, xestión documental. Por Eugenia Comesaña Quintela e Débora Franco Vázquez, de Monet Viticultura.
11:45 a 12:30: Viticultura de precisión nas condicións de Galicia. Potencial e problemas detectados. Por José Manuel García Queijeiro, profesor da Universidade de Vigo.
12:30 a 13:30: Mesa redonda: experiencia dos axentes do sector. Modera: Emilia Díaz Losada.
13:30: clausura.