Gandería Carro SL, unha explotación familiar de produción de leite ubicada na parroquia de Boado, no concello de Mesía, precisa dun empregado para labores de apoio no día a día da granxa.
A persoa que opte ao posto de traballo deberá realizar tarefas de muxido en sala e atención dos animais, entre outras, alimentación do gando e limpeza das instalacións. A xornada laboral é partida en horario de mañá e tarde, coincidindo cos momentos de muxir.
Non se ofrece vivenda, polo que o empregado ou empregada deberá dispor de carnet de conducir e vehículo propio para desprazarse até a explotación.
Esta gandería, con 300 cabezas de gando (150 delas en produción), conta ademais con outro empregado, co que se coordinarán os periodos de descanso, libranzas e vacacións.
As persoas interesadas en optar a este posto de traballo poden poñerse en contacto con José Manuel chamando ao número de teléfono 686980153.