A última actividade promocional do DO Monterrei, celebrada na cidade de Ferrol, congregou a máis de setenta asistentes do sector da restauración, hostalaría e distribución. Este Túnel do Viño da DO Monterrei realizouse no Centro Torrente Ballester e contou coa participación de catadores, responsables de establecementos e canle de distribución.
Entre os asistentes atopábanse nomes destacados do sector como O Bacoriño, O Camiño do Inglés, Mesón Picasso, Illas Gabeiras, Mesón Alfonso, Restaurante Nautilus, Mesón Ourra, Vinoselección, Distribuidores Rivas, Distribuciones Almacenes Orense, Distribuidores JM o Janel Distribuciones, entre otros.
Na cita participaron 21 adegas adscritas á DO de Monterrei
Todos os participantes recibiron información sobre a historia e cultura vitivinícola de Monterrei, variedades de uva, características de solo e clima ou diferentes tipoloxías de viño. Ademais, cataron o produto de 21 adegas da denominación: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este ano, e que xa permitiu que os viños de Monterrei viaxaran a San Sebastián, Oviedo, Santiago de Compostela, Santander ou Madrid, entre outras cidades.
“Ferrol é un dos nosos destinos fixos no calendario, e este ano debiamos volver a esta cidade, non só para agradecer o traballo de tódolos que seguiron apostando por Monterrei nas súas mesas, senón tamén para amosar que a aposta pola calidade é a máxima que seguen os nosos viticultores e adegueiros, e por tanto os nosos brancos e tintos son sempre unha garantía de éxito”, destaca a presidenta do Consello Regulador de Monterrei, Lara Da Silva.