Neste ano de incerteza a vendima no D.O. Rías Baixas pechouse sen ningún sobresalto. As 159 adegas implicadas na campaña 2020 recolleron 34.470.166 kg de uva, un 6,38% máis que na anterior. Os rendementos medios da mesma situáronse en 8.420 kg de uva por hectárea.
As previsións apuntaban a que podería ser unha vendima máis abundante, pero finalmente os acios non pesaron todo o esperado. Como explica o director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, “o relevante é o óptimo estado da uva á súa entrada en adega, tamén o feito de que a meteoroloxía acompañou para que se puidese recoller no momento idóneo de maduración, así como de forma ordenada e con tranquilidade”.
A vendima no D.O. Rías Baixas comezou o pasado 27 de agosto e finalizou o 2 de outubro: “Os traballos de recollida iniciáronse un pouco antes do habitual na nosa denominación e desenvolvéronse practicamente durante o mes de setembro”, explica Agustín Lago. As expectativas para os viños son boas: “Os mostos destacan pola súa intensidade aromática e equilibrio, ou sexa, a súa compensada acidez coa gradación”, engade o director técnico do Consello Regulador.
Desagregación por variedades
A vendima comezou coa recollida das variedades destinadas á elaboración dos viños espumosos de calidade, logo seguíronlle as uvas brancas, especialmente a Albariño, cuxo ciclo vexetativo é máis curto e a súa maduración máis temperá. Finalmente deuse paso ás tintas e vendimas tardías.
No D.O. Rías Baixas, as variedades brancas representan o 99,08% da uva recollida, abanderadas pola Albariño que superou os 33 millóns de quilos, e seguida pola Caiño Branco, a Loureira e a Treixadura. As variedades tintas representan o 0,92% do total, coa variedade Sousón como principal e, seguida pola Mencía e o Caiño Tinto.
En canto á produción por subzonas, dicir que o Val do Salnés continúa sendo a de maior produción cunha representación do 64%, seguida polo Condado do Tea cun 21% e O Rosal co 9,3%.
Na presente campaña de vendima participaron 159 adegas elaboradoras. Un total de 4.687 viticultores recolleron uva nas 4.090 hectáreas de superficie produtiva inscritas na Denominación de Orixe Rías Baixas.
Protocolo COVID-19
Os estritos protocolos de prevención adoptados para protexerse contra a COVID-19 deseñados polo sector e o Consello Regulador teñen contribuído a preservar a saúde tanto de vendimiadores e viticultores como dos traballadores de adega, os 24 veedores/auditores e o persoal técnico implicados na presente campaña. As directrices establecían unha serie de medidas para garantir a seguridade no labor de auditoría desenvolvida durante o proceso de recollida da uva, todo iso coa intención de previr os contaxios.
Ademais das normas xerais -uso obrigatorio de máscara, hixiene de mans e distancia de seguridade interpersoal-, establecéronse unha serie de especificidades relativas ás auditorías a realizar nas adegas e viñedos inscritos.
É importante lembrar ademais, que antes de empezar a campaña, o Sergas realizou probas serolóxicas aos traballadores para poder afrontar as tarefas con garantías.
VOLUMEN DE UVA VENDIMIADA/VINIFICADA POR SUBZONA (DATOS EN Kg)
Datos en Kg |
Uva vendimiada |
Uva importada de otras subzonas |
Uva exportada a otras subzonas |
Uva vinificada en cada subzona |
Condado do Tea |
7.454.666 |
580.438 |
903.880 |
7.131.224 |
O Rosal |
3.265.875 |
1.005.725 |
166.476 |
4.105.124 |
Ribeira do Ulla |
1.490.434 |
30.979 |
1.148.881 |
372.532 |
Soutomaior |
58.240 |
0 |
0 |
58.240 |
|
22.200.951 |
1.681.333 |
1.079.238 |
22.803.046 |
Total |
34.470.166.- |
3.298.475.- |
3.298.475.- |
34.470.166.- |
PRODUCCIÓN VARIEDADES BLANCAS POR SUBZONAS (DATOS EN Kg)
Condado do Tea |
O Rosal |
Ribeira do Ulla |
|
Val do Salnés |
Total |
|
ALBARIÑO |
7.056.446 |
2.612.857 |
1.465.733 |
55.659 |
22.093.976 |
33.284.671 |
TREIXADURA |
144.495 |
56.842 |
7.805 |
0 |
422 |
209.564 |
LOUREIRA |
56.965 |
171.264 |
0 |
0 |
3.777 |
232.006 |
CAIÑO BLANCO |
6.811 |
326.703 |
5.761 |
0 |
11.278 |
350.553 |
GODELLO |
1.431 |
47.050 |
3.150 |
654 |
16.600 |
68.885 |
TORRONTES |
5.881 |
0 |
0 |
0 |
0 |
5.881 |
7.272.029.- |
3.214.716.- |
1.482.449.- |
56.313.- |
22.126.053.- |
34.151.560.- |
PRODUCCIÓN VARIEDADES TINTAS POR SUBZONAS (DATOS EN Kg)