Últimos prezos dos produtos lácteos na Unión Europea

prezos lacteos ue xullo 2020Milk Market Observatory publicou este xoves os últimos prezos medios dos produtos lácteos no mercado interno da Unión Europea. As últimas cotizacións, correspondentes á semana pasada, revelan unha caída de prezos tras varias semanas consecutivas de recuperación das cotizacións trala baixada provocada pola crise do coronavirus Covid19.

En concreto, o prezo medio da manteiga na UE quedou na última cotización en 3,30 euros o quilo, un 0,3% menos que a semana precedente e cunha caída interanual do 14%.

O leite desnatado en pó (SMP polas súas siglas en inglés), o produto lácteo que máis exporta a UE xunto co queixo, tamén experimentou unha caída máis pronunciada, do 3,9%, quedando nos 2,09 euros o kilo, no limiar do prezo de intervención, aínda que se mantén un 2% por riba do prezo de hai 12 meses.

O leite enteiro en pó (WMP) tamén experimentou unha baixada de prezos, un 1,7% menos, e queda en 2,75 euros o quilo, un 4% menos que hai un ano. Pola contra, os queixos son os que de momento están a librarse mellor da crise do coronavirus: O Cheddar cotízase a 3,05 euros o quilo nos mercados maioristas, cunha suba semanal do 0,9% e dun 2% interanual; o Edam quedou en 3,00 euros o quilo, un 2% máis que a semana anterior pero un 2% menos que hai un ano; o Gouda subiu a súa cotización un 1,5% e págase a 3,07 euros o quilo, un 1% menos a nivel interanual. A excepción a esta suba semanal foi para o Emmental, que baixou o seu prezo nun 1,2%, ata os 4,76 euros o quilo, aínda que mantén unha cotización un 1% superior á de hai 12 meses.

Por último, o soro de leite en pó baixou un 0,5% na UE, quedando nos 0,73 euros o quilo, o que supón unha suba interanual do 4%.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información