246 animais inscritos no Concurso Nacional da Raza Frisoa Conafe 2022

Terá lugar os días 24 e 25 de setembro no Recinto Luis Adaro (Gijón, Asturias). Polo momento inscribíronse 246 animais procedentes de 55 gandarías

246 animais inscritos no Concurso Nacional da Raza Frisoa Conafe 2022

No concurso deste ano estarán as gañadoras das últimas edicións

O vindeiro sábado 24 de setembro celebrarase a 42ª edición do Concurso Nacional da Raza Frisoa, organizado pola Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe). Para esta edición inscribíronse 246 animais procedentes de 55 gandarías e de 9 comunidades autónomas, sendo o Principado de Asturias, con 16 gandarías, a comunidade con maior representación, seguida por Galicia (10) e Cantabria (7). O concurso será xulgado polo xuíz internacional Zsolt Kőrösi, da Asociación Frisoa de Hungría.

Entre as novidades que presentará o concurso deste 2022 están os Campionatos de Tenreiras e Vacas Vermellas, nos que competirán os dous primeiros exemplares vermellos de cada sección. Ademais, potenciarase así mesmo o premio de Mellor Autonomía coa elección por parte do xuíz dos dous mellores lotes de animais en pista, en lugar de facelo por puntos, como se viña facendo nas últimas edicións.

Tamén se volverá a celebrar fóra de competición a sección de recoñecemento estreada o pasado ano, que consiste nunha exhibición na pista de vacas sobresalientes, segundo criterios morfolóxicos ou produtivos, presentes no recinto feiral coa novidade de que estes animais competirán entre si dentro da súa propia sección. Pola súa banda, o XXI Campionato Nacional de Manexadores, no que se valora a pericia coa que os se presentan os animais na pista, celebrarase o domingo 25 durante a mañá.

Cabe destacar que esta edición terá representación de gandarías procedentes de Andalucía, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid e Navarra. Entre os animais inscritos atópase Llinde Ariel Jordan (S.A.T. Ceceño, Cantabria), Vaca Gran Campioa Nacional Conafe das dúas últimas edicións celebradas nos anos 2019 e 2021.

Vaca frisoa gañadora do Conafe 2019

Vaca frisoa gañadora do Conafe 2019

O programa é o seguinte:
Sábado, día 24 de setembro:
Desde as 10:00 horas
Concurso de Tenreiras e Xovencas
Desde as 15:00 horas
Concurso de Vacas en lactación
Sección de recoñecemento (fóra de competición)
Domingo, día 25 de setembro:
Desde as 10:30 horas
XXI Campionato Nacional de Manexadores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información