Axudas para impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución na que se recollen as bases reguladoras da convocatoria de axudas destinadas a impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia, dotada cun orzamento de 800.000 euros.

Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal-madeira como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e peza esencial na transición cara ao novo modelo de economía circular. Así, preténdese favorecer a participación dos axentes clave na formación da utilidade da madeira e dos seus produtos derivados.

Desta forma, apoiarase a organización de actividades formativas non regradas, tales como mestrados, cursos ou pílulas formativas relacionadas coa industria forestal-madeira. Todas as actividades terán que estar vencelladas á industria forestal-madeira e á súa cadea de valor.

Para proceder á execución destas actividades, poderán ser beneficiarios destas axudas as asociacións, organizacións, fundacións de interese galego e entidades sen ánimo de lucro, que teñan base asociativa e sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira. Tamén as agrupacións empresariais innovadoras (AEI) representativas ou relacionadas co sector e os colexios profesionais e centros universitarios, cando as actividades subvencionables se correspondan con esta temática.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información