14 medallas para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

Publicidade
14 medallas para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

Vendima na DO. Ribeira Sacra

O concurso internacional que organiza o Cervim celebrouse o 29 e 30 de setembro no Val de Aosta, Italia. A esta 30ª edición do Mondial des Vins Extrêmes, o único concurso enolóxico internacional dedicado expresamente aos viños producidos por viticultura heroica, presentáronse 831 os viños de 301 adegas de 24 países de todo mundo.

A D.O. Ribeira Sacra presentaba 61 mostras de 32 adegas e obtén 14 medallas, 8 de ouro e 6 de prata.

Medallas de ouro: 

Ibio 2019 de Don Bernardino (Sober)
Don Cosme 2020 de EDV SLU (Quiroga)
Finca Cuarta Ladeira 2021 de Rubén Moure Fernández (Sober)
Finca Cuarta A Costa 2019 de Rubén Moure Fernández (Sober)
Ciudáseis 2021 de María Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
CastroFiz Tradición 2020 de José Luis Fernández Pedreira (Chantada)
Instinto Romano 2021 de Miguel Pavón Reinoso (Taboada)
Bancales Olvidados 2019 de Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas)

Medallas de prata: 

Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Sober)
Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago (Chantada)
Rosa do Frade 2021 de Adega Vella Xeracións (A Teixeira)
Prómine Singular 2021 de Adegas Petrón (Sober)
Finca Cuarta Mencía 2021de Rubén Moure Fernández (Sober)
Inseparables 2021 de EDV SLU (Quiroga)

O Mondial deas Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en socalcos).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información