A Xunta empeza a impartir charlas informativas sobre o control da praga de vermes

Mañá celebraranse nas localidades de Carballo e Vimianzo, mentres que na vindeira semana estas xornadas informativas trasladaranse a municipios da Mariña

A Xunta empeza a impartir charlas informativas sobre o control da praga de vermes

A Consellería do Medio Rural ten organizada unha serie de charlas para informar sobre o aumento da poboación de vermes comúns que este ano, como consecuencia do cambio climático e as temperaturas cálidas que se mantiveron ata principios deste mes de outubro, incrementaron a súa presenza.

O xefe do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, Víctor Novo, será o encargado de impartir estas charlas xunto con membros das oficinas rurais correspondentes de cada comarca. Os concellos nos que se celebrarán mañá estas charlas son Carballo -ás 10,00 horas na Oficina Agraria– e Vimianzo -ás 12,00 horas na Casa da Cultura-. Na próxima semana, as charlas trasladaranse á Mariña lucense, nun calendario aberto ao que se poderán unir segundo o interese e a demanda de concellos e particulares.

Nestas charlas, os asistentes recibirán información sobre o tipo de vermes que incrementaron a súa poboación e facilitaránselle follas divulgativas nas que se recolle a información precisa.

Para combater a presenza destes vermes, poden utilizar os produtos fitosanitarios autorizados no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Ademais, lembrarán que deben priorizarse, sempre que sexa posible, métodos de control non químico (culturais, biolóxicos etc.), respectando así a Xestión Integrada de Pragas.

Para máis información: https://mediorural.xunta.gal/es/temas/agricultura/sanidad-vegetal/organismos-nocivos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información