Xunta e universidades constitúen unha comisión de traballo permanente para mellorar a formación no sector forestal

A creación deste órgano ten como obxectivo avaliar as necesidades formativas neste eido para mellorar a relación entre a demanda e a oferta no sistema universitario galego.

Xunta e universidades constitúen unha comisión de traballo permanente para mellorar a formación no sector forestal

Responsables da Xunta reuníronse hoxe con representantes das universidades de Santiago de Compostela (USC) e de Vigo (UVigo) para constituír a comisión permanente de traballo para a mellora da formación forestal universitaria en Galicia, que se recolle no Plan Forestal 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”.

Así, con este motivo, os directores xerais de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, xunto co director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, mantiveron un encontro de traballo co director da Escola
de Enxeñería Forestal de Pontevedra, Juan Picos, e coa directora da Escola Politécnica de Lugo, Rosa Romero.

Esta comisión permanente busca avaliar as necesidades formativas que hai no sector forestal para poder mellorar a relación entre a demanda e a oferta que hai actualmente no sistema universitario galego. A súa constitución está recollida na medida V.4.1. do Plan Forestal, centrada na “Cooperación e coordinación para a mellora da formación forestal universitaria en Galicia”.

Trátase de sumar e coordinar sinerxías para impulsar a xestión forestal mediante un ensino universitario adaptado ás necesidades detectadas e que garanta transferencia de coñecemento para mellorar un sector estratéxico en Galicia nun momento decisivo para o seu futuro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información