Xornada sobre aproveitamento da resina

Publicidade
Data inicio: 30/05/2022
Data fin: 30/05/2022
Lugar: Comunidade de Montes de Baroña, Igrexa, A Igrexa, España

A Comunidade de Montes de Baroña, no concello coruñés de Porto do Son, organiza o luns 30 de maio unha “Xornada de Divulgación sobre o aproveitamento resineiro”. O punto de encontro será o local da Comunidade de Montes e a xornada impartirase de 10:30 a 14:30 horas.

Esta formación enmárcase dentro do marco da acción de cooperación AC-2020/08 “Mecanización, adaptación e implantación de novas técnicas de resinación, co obxectivo de mellorar a obtención de resinas naturais”, impulsada polo CIF Lourizán e outros axentes cooperantes.

Para inscribirse é preciso enviar un email a edgarfdnez@hotmail.com ou chamando ao teléfono 645 487 026

Velaquí o programa:

RESINA CARTEL BAROÑA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información